lunes, 8 de abril de 2013

Resumo septima xornada de Copa

Victoria de Meson La Isla por 5-4 ante un Carballo que foi gañando todo o partido, pero ao final acusou o cansancio de xogar con tan so 5 xogadores todo o partido e acabou cedendo nos ultimos 3 minutos un 4-2 favorable, no seguinte partido The Groupies Club venceu 4-0 a Cruz de Pazos e apreta a zona alta do grupo A, e xa para rematar Pousiño FS venceu 6-5 a Moscoso Futsal nun bonito choque e acercase aos oitavos de final de Copa.


Empate a 4 entre Peña Cabalar e Construcciones Santopaio nun partido en onde os da Peña foron gañando sempre ata a falta de 3 minutos que os de Reboreda se puñan 4-3 gañando, pero a falta de 5 segundos voltaba o empate ao marcador.
Victoria de Florentone por 8-0 ante un Ventosela que se olvida xa da copa e tentara dar guerra e gañar a Recopa, Novo Bar derrotou 8-3 a Whisky Dyc e colle vantaxa no igualado grupo D, no outro partido do dia Bar Paraiso derrotou 10-2 a New Team e parece afianzarse no primeira posto do seu grupo.
Empate a 6 entre un gran Neumaticos Redondela e o Pazos FS, de esta forma os de Pazos aseguran o primer posto do grupo, e Neumaticos Redondela da un gran paso para pasar de segundo na sua loita con Pub Lolita.

Este venres as 21 horas mediran forzas Peña Cabalar e Amoedo FS, unha hora despois enfrontaranse Fonserma e Mapache, quedando para as 23 horas o Pub Lolita - Cacharela.

Por outro lado recordade que xa non se poden facer mais fichaxes no que queda de competicion, ademais esta o calendario completo do que queda exposto no Pabillon, so habera un pequeno cambio, xa que a fase final e entrega de trofeos sera o dia 22 de xuño, non o 15 como esta exposto no Pabillon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario