domingo, 4 de noviembre de 2012

Resumo sexta xornada de liga

Victoria de New Team por 5-4 ante Bar Paraiso nun apretado encontro que se decantou do lado branco gracias a catro goles de Rubin que co seu pocker de goles fai que o seu equipo volte aos postos altos, no outro partido de primeira victoria de Whisky Dyc por 7-4 ante un pelexon Moscoso FS ao cal as baixas o estan condicionando moito.
No partido deste luns de segunda victoria de Pazos FS por 6-2 ante un bo Novo Bar que por momentos complicou ao solvente lider de segunda.

Victoria de Construcciones Santopaio que se coloca segunda momentaneamente tras derrotar 7-3 a Triman Teis FS.

Victoria de Cafe Bar O Cruce por 7-4 ante un Carballo que non acaba de reaccionar, nos partidos de primeira deste mercores victoria de La Isla 6-4 diante de Cruz de Pazos e nova victoria do lider O Chusco Amoedo FS por 10-3 ante Cafeteria Mapache.

No partido do xoves victoria de Pub Lolita por 4-2 ante Ventosela, os de Lolita voltan a colocarse nos postos altos, mentres que Ventosela non da reaccionado e queda con tan so 3 puntos.

Victoria de Fonserma por 4-2 ante Cacharela, con esta victoria os de Vilar parece que empezan a subir postos e a escapar do descenso, nos partidos de segunda comoda victoria de Florentone por 9-1 ante Peña Cabalar con 6 goles co novo pichichi Adrian e victoria de The Gropies Club por 9-6 ante un Panaderia Yustin que foi moito tempo por diante e emepza a mostrar unha clara melloria.

O sabado as 16:30 enfronataranse V.Corpus/Taberna O Noso Eido e Neumaticos redondela, despois deste encontro(19horas) disputarase un encontro de terceira division Nacional entre o SD Pazos e o Coruña FS(segundo clasificado), dado a importancia do choque pedimosvos a todos os que poidades que acudades a animar ao equipo de "todos".