lunes, 28 de septiembre de 2015

NOTA

LEMBRARVOS DE ADIANTARME OS LISTADOS POR WAS OU MAIL 

(sdpazosfs@gmail.com), PARA CARGAR OS XOGADORES NA WEB E PODER LEVAR 

CONTA DOS GOLES, SANCIÓNS, ETC...

ACORDOS TEMPADA 2015/2016

O sábado 26 de setembro fixemos a xuntanza para acordar as formas de actuación na Liga Local de Pazos de Borbén, na que estiveron representados:
       - O equipo arbitral
       - A directiva da S.D. PAZOS F.S.
       - Os seguíntes equipos: Bar Paraíso, Xuventú futsal, Pub Lolita, Amoedo f.s., Cabeiro e Ferradura futsal.

Whisky Dyc e máis Cacharela comunicaron que non podían asistir.

O resto dos equipos non estiveron representados polo que calquera reclamación con respecto ás decisións que nela se tomaron, non é vinculante.

Con respecto á normativa xa adiantada no blog e comunicada ós delegados dos equipos anteriormente, engádense algunas variacións ou novidades. 
   
   • O número de equipos a participar é de 13. 
   • A liga comezará o luns 5 de Outubro. 
   • Os partidos terán lugar, como norma xeral, os luns e os venres, entre ás 21 e 23h, descansando un equipo. 
   • O rematar a liga, os 8 primeiros clasificados xogarán un “play off” polo título. 
  • As camisetas levarán obligatoriamente un dorsal, que será o que figure nas fichas entregadas ós árbitros. 
   • O equipo que non se presente, se lle descontarán 20€ en concepto de arbitraxes dos dous equipos.   • Todos os equipos que queiran, poden aportar un escudo que será incluído na ficha do equipo. (Enviar a sdpazosfs@gmail.com ou ó was de Mon). 
  • Ningún equipo xogará o primeiro partido sen haber pagado a cuota de inscripción íntegra (130€) máis a fianza (30€, únicamente para os equipos de nova incorporación) 
  • Os equipos do ano pasado teñen a fianza íntegra en vigor. 
  • O equipo que resulte gañador ó final do “play off” terá dereito a participar o ano seguinte de forma gratuíta no campeonato, ademáis de levar trofeo. 
 • Tamén levarán trofeo o “PICHICHI” da liga e o equipo con menos puntos no apartado de DEPORTIVIDADE (por tarxetas). 

 NOTA: POREMOS TODO O QUE ESTÉ NA NOSA MAN PARA MELLORAR A NOSA LIGA, PERO A SERIEDADE TAMÉN LLE CORRESPONDE ÓS PARTICIPANTES. TODOS DEBEMOS COLABORAR.