lunes, 4 de marzo de 2013

Resumo xornada de Liga

Victoria de Novo Bar por 8-4 ante The GroupiesClub nun partido de vital importancia para o ascenso, con esta victoria Novo Bar consolidase no mais alto da taboa e aventaxa agora a The Groupies en 5 puntos, ademais Neumaticos Redondela venceu 5-4 a O Carballo e intentara nun perder mais puntos para seguir optando ao ascenso, obxectivo que ten agora a tan so 3 puntos pero cun partido mais.
Empate a 2 tantos entre Whisky Dyc e Pub Lolita nun vibrante e igualadisimo choque entre 2 dos mellores equipos da liga, un gol de Lolita nos ultimos intres dalles un valioso punto para manterse no segundo posto, a espera do que faga Paraiso o venres.
Empate a 2 entre Ventosela e Cruz de Pazos nun partido que puido decantarse para calquer dos dous lados, polo que o reparto de puntos pode considerarse xusto, unha hora antes disputouse o que pode considerarse como un dos mellores (por non decir omellor) partidos que levamos visto no que vai de tempada, Florentone e Pousiño empataron a 7 tantos nun encontro vistosisimo e con alternativas no marcador cun ritmo alto e infinidade de ocasions.
Victoria de Amoedo FS por 10-2 ante un Moscoso FS moi corto de efectivos que ao final acusou o cansancio.

Este venres boa xornada de futbol sala a que viviremos no Municipal de Pazos, comezaremos as 21 horas, co que se pode considerar o plato forte do dia, xa que dous equipos que se coñecen a perfeccion como son Peña Cabalar e Vila do Corpus que viviran o partido como se de un derby se tratase, unha hora mais tarde mediranse Meson La Isla e New Team, nun partido en onde New Team intentara frear a mala xeira de resultados que leva para sair dos postos de descenso, as 23 horas outro dos implicados na pelexa pola permanencia buscara vencer a Bar Paraiso, pero os amarelos saben perfectamente que unha victoria levariaos a segunda praza da taboa, polo que buscaran frear a remontada de Cacharela. Xa para as 12 da noite queda o Cafeteria Mapache - Fonserma, igual que nos dous partidos anteriores a pelexa pola zona nobre mesturase coa loita pola permanencia xa que os de Mapache non se renden e unha victoria fariaos sair da ultima praza e acercarse a permanencia.

Pasate polo Pabillon  disfrutar do futbol sala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario