lunes, 15 de octubre de 2012

Resumo primeira xornada de copa

Comezou a copa con dominio dos equipos de primeira sobre os de segunda, xa que Cruz de Pazos goleou 10-4 a Triman Teis e parece que empezan a carburar tras un mal inicio ligueiro, despois Mapache gañou o seu primer partido do ano por 4-2 a The Groupies Club e Fonserma venceu 3-1 a Cafe Bar O Cruce, un dos galiños de segunda.

Primeira victoria de un equipo de segunda sobre un de primeira, chegou cos 4 goles que Pousiño lle endosou a Cacharela para acabar 4-2 e dar a primeira victoria do ano aos de Pousiño.

Partidazo entre Pub Lolita e N.Redondela que se decantou a prol dos de Neumaticos por 5-4, no partido das 10 Whisky Dyc goleou 11-3 a Construcciones Santopaio e no das 11 o Pazos FS fixo o mesmo co Moscoso FS por 7-2.

Victoria do Chusco Amoedo FS por 12-3 ante Peña Cabalar.

Victoria de Panaderia Yustin por 3-1 ante New Team que deu a gran campanada desta xornada de copa, Ventosela caiu derrotado por 1-2 ante Novo Bar e Florentone venceu 2-0 a Construcciones Santopaio.

No partido do sabado victoria de Meson La Isla por 9-0 ante Vila do Corpus.

Recordade que esta vindeira semana xogarase a quinta xornada de liga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario